Etnografía de Vicente Risco

CONSULTAR PRECIO


Unha obra que enfeitiza o noso espírito:

A emoción de ter nas mans o testemuño do antigo e sabio labor que durante séculos co seu paciente saber legáronnos os nosos antergos, nos que se retrata como en ningures, a historia do noso espírito.

Esta edición constitúe un dos documentos máis importantes a nivel etnográfico. Por primeira vegada, soa nestas páxinas o nome benquerido do petrucio das Letras Galegas D. Vicente Risco, a súa achega cultural, o seu incansable e esforzado tesón, non se limitou á recompilación de datos e recensións, foi un arduo labor de busca de fontes e obras necesarias para a realización desta excepcional edición.

Trátase somentes de constribuir da mellor maneira que podemos, achegar a cultura popular galega e os anacos vivos aínda hoxe, ou viventes aínda hai pouco, do que foi o pensamento, o sentimento, e as normas tradicionais do noso pobo.

 


Etnografía

Boa auguranza para esta excepcional obra do amor e do saber, da amizade e da lembranza

A sazón do decorrer cadaneiro da Nosa Terra máis chea de presenza inmorrente do noso espírito.

Van caendo no chan das nabeiras o gran das espigas do millo e logo han resoar nos ribeiros as cantigas da vendimia, e nas mañás xa frías han varear os homes da montaña as ponlas dos castiñeiros e guiar as aradas nas sementeiras do pan e bule en todos eles, nos corazóns e nas lembranzas un gran sentimento de amor a Nosa Terra, na actualidade, e nas súas páxinas o pobo galego aparece como unha latexante personalidade e de antigo foi a nosa, terra de caracteres rematados, e de rexas personalidades.

Neles poden atopar ben veces os historiadores o miolo do noso vivir ó longo dos séculos, os valores duradeiros que nos teñen guiado todo o tempo, a explicación de tantos feitos e actitudes, e han reverdecer os troncos espidos, e han brilar como unha alborada nas rías e nos curutos dos montes os “bos e xenerosos”.

 

 


Cultura Espiritual:

Esta edición segue con rigor o facsímile orixinal que polas súas características de estilo e de pintura é, sen dúbida, unha das obras máis influentes no coñecemento da etnografía.

Neste senso, trataremos primeiro do que constitúe o mundo espiritual do galego enxebre, comenzando, por razón cronolóxica e tamén histórica, pola Mitoloxía, na que callan as primeiras e decisivas impresións do noso linaxe diante do mundo e da vida. Dos estudos feitos deica hoxe, sácase que os galegos veneraban os montes, as fontes, os ríos e as árbores. Por outras fontes antigas, sabemos que os antigos galegos ofrecían sacrificios humáns, que tiñan gran habelencia para adiviñar o porvir no voar dos paxaros, nos lóstregos e especialmente nos redaños das vítimas sacrificadas. Restos de cultos pagáns (culto dos montes e os penedos, culto das augas, o aire e os ventos, o culto do lume, culto dos árbores e das plantas, crenzas relativas ós astros, mitoloxía da serpente, o lobo, etc.). Os seres míticos (as donas, o trasno, o tardo, o diaño bulreiro, o rabeno, o sacauntos, a raposa, a pita cos pitos, as lumias, as razas míticas, os tesouros ocultos, bruxas e tronantes, etc.).

Relixión: que lles abriu novas perspectivas cara o infindo. A fe e o sentimento relixioso, os anxos e os diaños, os santos, o mundo a vida e a morte, a liturxia popular, a eirexa, santuarios e romaxes, crenzas relacionadas ca relixión, o rachar o hábito, a luciña, a santa compaña, o demo, medios para se librar do demo, etc.

Superstición: nas que, a algún aspectos daquelas impresións primixenias, achéganse aportes de diversas orixes. Historia, persoas con poderes supranormais (o saludador, o vedoiro, o pastequeiro, o baluro, bruxas e bruxos, os tempestarios, sabios e sabias, etc.) bruxería e artes máxicas (o mal de ollo, libros máxicos, amuletos, menciña máxica profana, etc.), artes adiviñadoras (a clarividencia, o espiritismo, cartomancia, a peneira, a sorte do paxariño, signos do ceo, etc.).

As idades da vida: describiremos a vida do home da aldea, posuidor máis puro dise mundo, nas catro clases de idade: neno, mozo, home e vello, na familia, na parroquia, coas súas usanzas e institucións, e coas festas do ano. A infancia (o bautizo, nomes e alcumes, a crianza, xogos e brincadeiras, as pelexas e as cantinas, etc.), a mocidade (a pasaxe de neno a mozo, merendas e magostos, festas de aguinaldo, ruadas e fiadeiros, xogos e deportes, as pelexas, mozos e mozas, o sorteo, o cortexo, etc.), a idade do home (o casamento, a despedida dos mozos, as vodas, a familia, o réxime da propiedade, caseiros e arrendatarios, o réxime petrucial, as partixas, herdanzas en vida e maila “congria”, as clases sociais, a aldea galega, o forno e a aira, o gando, as inimizades entre parroquias e pobos, ditos e contos, etc.), a idade do vello (a morte, o falecemento e o enterro).

Festas do ano: (a noite boa, a cea de noite boa, a misa do galo, as panxoliñas, o aguinaldo, o tizón de nadal, os reis, os nacementos, os santos inocentes, o entroido, as máscaras, comparsas, momadas e cortexos, as bestas das máscaras, a coresma, a semana santa, a festa dos maios, o corpus christi, a festa de san xoán, as festas das parroquiais).

Literatura. División da literatura popular, a épica, lendas, contos, a didáctica, a lírica, a dramática, etc.

Artes plásticas. A arquitectura, os cruceiros, os petos de ánimas, arte funerario, a talla decorativa, etc.

Música e danza. Instrumentos, cantigas, etc.


Ficha técnica:

*552 páxinas. Tamaño 320x220 mm., estoxo cofre con peza de apertura en madeira.

*A achega dos 74 excelentes debuxos realizados por Alfonso Abelenda, Correa Corredoira e Gosia Trebacz, xuntamente coas capitulares e fins de capítulo por Gosia Trebacz unen o presente co pasado.

*Durante séculos o pergameo foi o soporte utilizado por iluminadores e copistas, como transmisión do saber e a beleza en documentos, manuscritos e belas miniaturas trazadas con finos pinceis. O extraordinario e xenuíno soporte en pergameo natural, permítenos sentir a través das súas belas imaxes realizadas 2 por Alfonso Abelenda, 2 por Correa Corredoira e 3 por Gosia Trebacz, co tacto e olor natural das vitelas e pergameos.

*Fabricación especial en papel de algodón con incrustacións de palla, de 250 grs. de Ca L’Oliver, para a carpeta dos pergameos, 160 grs. verjurado ahuesado para o libro orixinal. *Encadernación en pergameo, totalmente elaborado a man e cosido con fío vexetal.

*Tirada única e irrepetible, limitada a 222 exemplares, debidamente numerados e autenticados, un a un, mediante acta notarial co número 1, sendo este o primeiro número do meu protocolo do notario D. José Antonio Caneda Goyanes. Adicionalmente, numerouse en grafía romana e tinta vermella 20 exemplares para colaboradores.

 

CONSULTAR PRECIO
Ediciones Boreal S.L. - CIF: B15068836Desarrolla iLatina