Rosalía: Obra poética e manuscritos

CONSULTAR PRECIO


Rosalía: unha voz universal

Esta edición constitúe un dos documentos máis importantes da súa obra poética que trascende ao seu tempo e se convirte nunha voz universal.

É ben coñecido o feito de que, gravemente doente e presentindo a súa morte inminente, Rosalía de Castro ordenou ás súas fillas que ao seu finamento destruísen os papeis que
contiñan os orixinais da súa obra literaria, así a publicada como a inédita. A escena da queima destes manuscritos a mans da filla maior, Alejandra –ela soa ou axudada pola súa irmá Aura–, a mesma noite do pasamento da escritora, está contada de diversos xeitos por persoas que recolleron o relato de testemuñas presenciais ou próximas aos feitos.

Para rematar a tarefa, Manuel Murguía, xa viúvo, procedería, non moito máis tarde, a rachar e facer desaparecer todas as cartas que lle enviara a súa esposa, aínda que lle di
ás súas fillas “Habéis quemado la gloria de ella y la fortuna vuestra”.

Estas dúas catástrofes supuxeron a desaparición irreversible dunha parte sustancial dos manuscritos rosalianos de todo tipo: poéticos, prosísticos, epistolares e outros.

O noso obxectivo é reproducir en facsímile os manuscritos poéticos de Rosalía que sobreviviron á fogueira, e a transcrición de todos eles.


Boa auguranza para esta excepcional obra,
do amor e do saber á Nosa Terra.

Rosalía é a figura máis representativa e carismática da historia da literatura galega e unha das voces líricas máis orixinais e fondas do século XIX europeo.

Álzase diante de nós coma un xigante, esteo que terma do edifico común, alento de esperanza, que non estiña. O tempo non só reafirma a transcendencia da súa obra e a significación da súa figura, senón que a transforma e a enriquece.

En cada nova lectura non só rexorde con máis forza a súa obra senón que con ela rexurdimos nós, coma as ondas que veñen contra a area da praia e a vivifican.

Poucas literaturas, se é que hai algunha, poden presumir de ter unha muller como bandeira. Unha muller, ademais, da significación de Rosalía de Castro. Bandeira de dignidade e de esperanza, que tal significa a obra e a figura da autora, unha das voces mais intensas, auténticas, comprometidas e libres da literatura de todos os tempos.

A data de celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse a primeira edición da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, estimábase que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea. A súa aparición veu a darlle prestixio universal á nosa fala, e marcaría o inicio do Rexurdimento cultural de Galicia.

 


A Voz de un pobo. 

Tras os seus dous primeiros libros de versos La flor y A mi madre, de carácter subxectivo, íntimo, Rosalía pasa a cultivar unha poesía social, ata acabar converténdose na voz dun pobo. E isto de dúas formas, devolvendo ao galego a súa categoría de lingua literaria e dando voz a aqueles que non a tiñan: labregos, campesiños, emigrantes, xentes que teñen que deixar a súa terra para gañar o pan en terra allea.

Con Cantares gallegos comeza o Renacemento da literatura galega. Rosalía é plenamente cons- ciente do labor que está levando a cabo ao escribir en galego, como o demostran as palabras do prologo a Follas novas onde xustifica o uso desta lingua: “N’era cousa de chamar as xentes a guerra e desertar da bandeira que eu mesma levantara.”

Nos Cantares Rosalía abandona o seu propio mundo interior, para converterse na voz do pobo que ama. Neste libro non están reflectidos os seus problemas íntimos, a súa visión do mundo, senón os problemas e a visión do mundo dunha terra que esquecera a súa voz lírica. E Rosalía devólvella. En Cantares gallegos está Galicia: as súas festas, as súas paisaxes, as súas mulleres, os seus homes, as súas crenzas, os seus problemas. E de Rosalía está o seu amor a esa terra: por ela e para ela escribe e así o deixa claro.
 

Non me espriquei cal quixera
pois son de espricansa pouca;
si grasia en cantar non teño
o amor da patria me afoga.


Hai reivindicacións de malos tratos a Galicia como no poema “Castellanos de Castilla“ e denuncias de carácter social moi cargadas de sentimentalismo, ata o punto de que os seus poemas máis populares, “Adiós ríos, adiós fontes” e “Airiños, airiños, aires”, interpretáronse como manifestaciónsde nostalxia e de amor á terra afastada e non como denuncias dunha inxusta situación que obriga os galegos a deixar a súa terra. No primeiro deles, esa denuncia era máis visible na edición que publicou no xornal madrileño El Museo Universal en 1861, co título “Adiós qu’eu voume”.


Mais son probe e, malpecado
a miña terra n’é miña,
que astra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.


Por xiadas, por calores,
desde qu’ amañece o día
dou á terra os meus sudores,
mais canto esa terra cría
todo...todo é dos señores.
 

Ao editalo en libro suprimiuse a segunda estrofa, probablemente por consello de Murguía, que sempre tentou protexer a Rosalía dulcificando o que podía provocar o rexeitamento social.

En Follas novas, hai humor, pero non alegría. Aumenta o número de poemas de temática social, e o que é máis importante, a súa voz libérase dos tons sentimentais para alcanzar a concisión tallante da denuncia.

Nos seus derradeiros libros a voz de Rosalía rompe as barreiras do tempo e do pais no que viviu para facerse universal e intemporal.

 




Ficha técnica:

* 640 páxinas. Tamaño 320x220 mm., estoxo cofre en pano de saco e pel.

* Encadernación en pergameo, totalmente elaborado a man e cosido con fío vexetal.

* Fabricación especial en papeis varios con incrustacións de palla.

* A achega das 9 excelentes obras gráficas realizadas por Gosia Trebacz.

* Tirada única e irrepetible, limitada a 313 exemplares, debidamente numerados e autenticados, un a un, mediante acta notarial co número 885 do meu protocolo do notario D. José Antonio Caneda Goyanes.

Adicionalmente, numerouse en grafía romana e tinta vermella 10 exemplares para colaboradores.

 


 

CONSULTAR PRECIO
Ediciones Boreal S.L. - CIF: B15068836Desarrolla iLatina