O humorismo gráfico de Castelao

CONSULTAR PRECIO


Unha xoia bibliográfica do humor gráfico

Asombra coidar que estas pequenas obras mestras do enxeño e do deseño poidan ser traballadas no facer cotián, compartidas coa burocracia, coa literatura, coa erudición, coa política... e atoparedes asisados xuízos sobre o debuxo e o humor na obra de Castelao.

Esta edición constitúe un dos documentos máis importantes na traxectoria do humorismo, alma e corpo das súas firentes caricaturas. Interesáballe máis a Castelao os xestos e as palabras dun agricultor, mariñeiro, ou emigrante, a leria, da xente do campo ou do mar, ou do refraneiro onde atopaba o fondo humor da cultura popular que foi tantas veces fonte do seu.

"Tal cousa nos din, tal corazón nos poñen", de feito, o artista, ao deciren, en cada mañán, as súas “Cousas da Vida” a milleiros de galegos, “poñiales o corazón”.

Os debuxos que logo pasarían a encabezar o álbum “Nós”, escribíu:

“Irmáns galegos: Este debuxo é o prólogo dos que iredes vendo nestas mesmas columnas, e xúrovos que, coa punta do meu cativo lapis, aguilloarei, canto poida, a concencia durmiñenta dá nosa persoalidade, sin medo a nada e menos a nadie.”


Ficha técnica:

* 550 páxinas. Tamaño 320x220 mm., estoxo cofre en pano de saco e pel, coa peza de apertura en ferro fundido, lixado e vernizado.
* Encadernación en pergameo, totalmente elaborado a man e cosido con fío vexetal.

* Fabricación especial en papel de algodón con incrustacións de palla, de 250 grs. de Ca L Oliver, para a carpeta dos debuxos, 160 grs. papel vexetal serigrafiado ao libro orixinal.

* Tirada única e irrepetible, limitada a 333 exemplares, debidamente numerados e 
autenticados, un a un, mediante acta notarial co número 2.257 do meu protocolo do notario D. José Antonio Caneda Goyanes. 


Cousas da vida

Boa auguranza para esta excepcional obra, onde os debuxos ao pé das caricaturas son “códices” dunha soa liña.

Debuxante da palabra, filósofo da liña, fervoroso alquimista do debuxo latexante, que
durante décadas sigue marabillando o noso espírito, é o vivir o que entra de cheo nestas estampas, o vivir, onde non hai “cousa”, no dito de Séneca, que no mereza ou risa ou pranto, e risa e pranto mestúranse no humor. A caricatura fai a “Hestoria certa do presente”. Para él a caricatura -el sempre chamou deste xeito ao humor gráfico- é unha arte grave, é unha arte superior baseado na simplicidade e chea de valores éticos, esa é a grandeza da caricatura.


Presentación: Gardas de Manuel Ayaso

Manuel Ayaso: é sen dubida, o autor dunha das traxectorias plásticas mais importantes a nivel universal. Un creador que de neno saído da súa patria de Aguiño-Riveira-A Coruña, cara aos Estados Unidos de América, recibindo alí premios de prestixio, onde vai residir durante máis de medio século, e a seguir sendo alí galego de raíz, fiel a unha lingua e a unha memoria. 

Participa cos seus excelentes debuxos nas guardas, capitulares e separatas da edición O Humorismo gráfico de Castelao a quen o une o legado desta terra mariñeira, labrega, emigrante, unhas profundas raíces e bule neles, nos corazóns e nas lembranzas un gran sentimento de amor a Nosa Terra.


Unha edición única 

Esta edición segue con rigor a edición facsímile de todos os orixinais e todas esas reproducións para ofrecer o inventario máis completo ata agora da súa obra humorística gráfica. Para eso recompilamos todas aquelas pinturas e todos aqueles debuxos dos que conservamos ou seu texto escrito. 

Todas aquelas imaxes que nos falan con palabras. Salvo algunhas excepcións nas que non costa o pé do debuxo. Non sabemos se por ser innecesaria ou por un erro na impresión ao ser publicada. Ás veces non é preciso escribir nada pero marca ese silencio con signos de interrogación (¿…?) como fai en tres ocasións. 

A totalidade dos seus debuxos humorísticos virá da suma de todos os orixinais conservados e das reproducións en diferentes xornais. Os grandes temas do vivir galego dábanlle motivos dabondo pra a disconformidade: a emigración, os foros, os trabucos, os prestamistas, os ricos sarracañas, os raposeiros, o espolio das riquezas do mar, i,
en col de todo, o caciquismo.

Castelao foi un home de súa xeración. No seu traballo todo ten expresión: os vivos, os mortos, os animás, e tamén o inerte, as montañas, as pedras, tamén as nosas vivendas. 

A expresión e o xesto son universais,non precisan de traducións. O bo caricaturista ten de ser un bo psicólogo: diante dun individuo ha de saber decir “cómo sonríe, cómo llora, cómo se enfurece”.

Polo que di aos valores lineares e cromáticos, dicía que foron os debuxantes e non os pintores os que encetaron unha nova arte, co virtuosismo da liña, que é definición. Se este arte non é xa o de hoxe “será o de mañán”. Máis “non é pola cor, señon pola liña, polo que se pode chegar á creación pitórica: debuxo, en branco e negro, pode estar cheo de cor. 

Pra saber o valor da liña abonda repasar os debuxos dos grandes mestres da pintura: un intelectual ollará neles a i alma limpa do artista.

Castelao chegaba en cada “ Cousas da Vida” ao fondo mesmo do sentir galego e facía, en cada mañá, unha chamada ás concencias. Falaba de todos e pra todos. As xentes, ao colleren o xornal, o primeiro que buscaban era o debuxo seo. Logo corrían os comentos, no seo das familias, nos parladoiros… Pasados os anos, esas mostras tan xurdias do espírito galego, que él soubo encarnar, voltan a chegar aos fogares,
mercé á Ediciones Boreal.

 

CONSULTAR PRECIO
Ediciones Boreal S.L. - CIF: B15068836Desarrolla iLatina