Rosalía: Obra en prosa

CONSULTAR PRECIO


Rosalía: Historia de la literatura

Esta edición constitúe un dos documentos máis importantes da súa obra poética que trascende ao seu tempo e se convirte nunha voz universal.

É ben coñecido o feito de que, gravemente doente e presentindo a súa morte inminente, Rosalía de Castro ordenou ás súas fillas que ao seu finamento destruísen os papeis que
contiñan os orixinais da súa obra literaria, así a publicada como a inédita. A escena da queima destes manuscritos a mans da filla maior, Alejandra –ela soa ou axudada pola súa irmá Aura–, a mesma noite do pasamento da escritora, está contada de diversos xeitos por persoas que recolleron o relato de testemuñas presenciais ou próximas aos feitos.

Para rematar a tarefa, Manuel Murguía, xa viúvo, procedería, non moito máis tarde, a rachar e facer desaparecer todas as cartas que lle enviara a súa esposa, aínda que lle di
ás súas fillas “Habéis quemado la gloria de ella y la fortuna vuestra”.

Estas dúas catástrofes supuxeron a desaparición irreversible dunha parte sustancial dos manuscritos rosalianos de todo tipo: poéticos, prosísticos, epistolares e outros.

O noso obxectivo é reproducir en facsímile os manuscritos poéticos de Rosalía que sobreviviron á fogueira, e a transcrición de todos eles.


 

Boa auguranza para esta excepcional obra,
do amor e do saber á Nosa Terra.

Rosalía é a figura máis representativa e carismática da historia da literatura galega e unha das voces líricas máis orixinais e fondas do século XIX europeo.

Álzase diante de nós coma un xigante, esteo que terma do edifico común, alento de esperanza, que non estiña. O tempo non só reafirma a transcendencia da súa obra e a significación da súa figura, senón que a transforma e a enriquece.

En cada nova lectura non só rexorde con máis forza a súa obra senón que con ela rexurdimos nós, coma as ondas que veñen contra a area da praia e a vivifican.

Poucas literaturas, se é que hai algunha, poden presumir de ter unha muller como bandeira. Unha muller, ademais, da significación de Rosalía de Castro. Bandeira de dignidade e de esperanza, que tal significa a obra e a figura da autora, unha das voces mais intensas, auténticas, comprometidas e libres da literatura de todos os tempos.

En 1858, aos 21 anos, Rosalía publica no “El Álbum del Miño”, Lieders. O que Rosalía fai nesta segunda entrega da súa obra ao público é unha presentación de si mesma e un manifesto de intencións, e escríbeo cunha prosa de marcado carácter lírico, moi diferente á do artigo xornalístico.

Rosalía tamén declarou en repetidas ocasións que a súa prosa xurdía da súa alma como agroman os sons da natureza: o murmurio das ondas, o dos piñeiros movidos polo vento. No caso de Lieders, creo que hai que entender esas primeiras palabras como unha declaración de liberdade creadora.

 


O amor da patria me afoga. 

Rosalía preséntase a si mesma coma unha figura de artista rebelde, unha especie de pirata esproncediano. Vén dicir que só cantos de independencia e liberdade sairán dos seus beizos. Hai que

dicir que o cumpriu en gran parte, en contra dunha sociedade que poñía demasiadas trabas á libre expresión das ideas e os sentimentos das mulleres.

Rosalía inicia ese camiño de liberdade con declaracións de gran contundencia:

Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento (...) No acato los
mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su
carne es igual a mi carne.
Yo soy libre. Nada puede proteger la marcha de mis pensamientos, y ellos son
la ley que rige mi destino.

Publicar era abrir camiños a outras mulleres e denunciar unha situación inxusta. Por iso o prólogo de La hija del mar acaba cunha contundente declaración: Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben.

“Las literatas. Carta a Eduarda” foi publicado tamén no Almanaque de Galicia en 1866. Na actualidade é o máis citado dos traballos en prosa de Rosalía polo seu carácter feminista.
É un texto fundamental para coñecer os problemas que afrontaban as escritoras daquela época, e demostra o rexeitamento xeneralizado da sociedade cara a muller escritora.


Contén esta edición catro carpetas que presentamos deste xeito:

MANUSCRITOS ROSALÍA DE CASTRO: catro manuscritos procedentes do Arquivo da De- putación Provincial da Coruña e do Arquivo de Víctor Said Armesto da Fundación Barrié, con fragmentos de prosa e poesía popular da man de Rosalía e un manuscrito de Alejandra Murguía de extraordinaria importancia por ser a testemuña gráfica do Romance de don Gaiferos e da riqueza, perdida en boa parte para sempre, do romanceiro en Galicia. Entre estes documentos atópanse as poucas mostras manuscritas coñecidas que se conservan da produción literaria en prosa de Rosalía. Achégase ademais un estudo de Diego Rodríguez González sobre todos os manuscritos das catro carpetas.

SALUTACIÓN ELEGÍACA A ROSALÍA DE CASTRO - MANUSCRITO DE F. GARCÍA LORCA: nada mellor que a “Salutación” de Federico García Lorca para situarmos a nosa poeta no lugar que lle corresponde na literatura en galego e español. A Salutación elegíaca é moito máis que unha apaixonada exaltación da obra de Rosalía. É unha aceptación dos problemas de Galicia, a marxinación das súas clases populares, como unha ferida aberta na propia identidade española. As linguas de lume que son tamén caraveis de sangue; as ansias de vivificar de novo á nosa poeta
galega, ademáis da súa gran beleza e conmovedora intensidade.

 



ESCOLMA DE POEMAS EN HOMENAXE A ROSALÍA: poemas de Aurelio Aguirre (1857); Valentín Lamas Carvajal; M. Curros Enríquez (1885); Sofía Casanova (1896); R. Cabanillas (1917); e L. Pimentel (1952).

SEIS POEMAS GALEGOS DE F. GARCÍA LORCA - UN ADICADO A ROSALÍA: Poucas obras literarias teñen seguramente unha realidade documental tan entrambilicada como os Seis poemas Galegos de Lorca. Ata 1979 a única fonte dispoñible era a primeira edición feita por Anxel Casal en Compostela en 1935, na que Eduardo Blanco Amor indica ter recibido o encargo de Lorca de editalos, modificando o que fixera falta. Catro manuscritos apógrafos, dous en copia limpa e outros dous cunha notable disgrafía e un último parcialmente, só parcialmente, autógrafo de Lorca, a estes hai que engadir o manuscrito do “Madrigal” de 1932.




Ficha técnica:

* 492 páxinas. Tamaño 320x220 mm., estoxo cofre en tea serigrafiada e pano de saco.
* Encadernación en tea serigrafiada, totalmente elaborada a man e cosido con fío vexetal.
* Fabricación especial en papeis varios de alta calidade.
* A achega das 12 excelentes obras gráficas realizadas por Gosia Trebacz.
* Manuel Ayaso participa cos seus excelentes debuxos nas separatas da edición.
* Tirada única e irrepetible, limitada a 212 exemplares, debidamente numerados e autenticados, un a un, mediante acta notarial co número 543 do meu protocolo do notario D. Ángel Castelló Vicedo. Adicionalmente, numerouse en grafía romana e tinta vermella 10 exemplares para colaboradores.


 

CONSULTAR PRECIO
Ediciones Boreal S.L. - CIF: B15068836Desarrolla iLatina